domingo, 7 de xuño de 2020

OS MONIFATES "PERCORRENDO CAMIÑOS"

Este é o último vídeo de Os Monifates títulado "Percorrendo camiños", onde conseguimos plasmar a nosa esencia e así poder mostrar o traballo feito nestes últimos anos.





PRESENTACIÓN


Os Monifates somos Alberto Millán (músico) e Xosé Piñeiro (músico e artesán), que no ano 2015 decidimos xuntarnos para dexeñar un proxecto en común no que tiveran cabida parte das nosas inquedanzas artísticas en relación coa música e o baile galego ata conseguir un espectáculo cun formato distinto e orixinal.
Durante varios anos estivemos investigando e recopilando información sobre os chamados títeres danzantes, (marionetas que bailan ó mesmo tempo que ó instrumentista toca).
Esta clase de títeres entraron na península ibérica no século XII e ata a segunda metade do século XIX fecha na que este arte comezou a desaparecer, eran uns dos títeres máis populares, empregados como medio de vida por músicos ambulantes ou por mariñeiros e pastores entre outros quenes os empregaban como pasatempo nos seus momentos de descanso.
Por iso nós decidimos ir co noso carromato musical querendo rendir unha homenaxe a todos estes músicos ambulantes os cales nos inspiraron para crear o que hoxe é o noso espectáculo de Os Monifates.
Así que despois de estudar o que se conserva deste arte e facer as pertinentes probas, conseguimos ir creando os nosos títeres danzantes, intentando melloralos o máis posible, dándolles sempre un toque galego e incluso nalgún caso chegando a crear algúns con mecanismos propios.

Teléfono de contacto: 696 006 310
Email: osmonifates@gmail.com
https://www.facebook.com/monifates/




SINOPSE DO ESPECTÁCULO


                                                                     XA CHEGAN OS MONIFATES!!!!!


Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de mostrar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal.

Nas súas viaxes fóronse sumando os máis diversos e peculiares bailaríns (títeres).

Integrando así música e marionetas nun espectáculo pensado para toda a familia, maravillándonos coas historias dos seus personaxes.

Esta singular troupe, formada por Bartolo o pandereteiro, o Porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o Galo Farruco e Os Barbanzóns, pon o baile nun improvisado escenario para disfrute e divertimento do público asistente.

O eixe central está formado por gaita tradicional, bombo e zanfona, intercalando entre as melodías outros artiluxios coma o pínfano, punteiros, gaita tumbal do século XIX, gaita de dobre punteiro e diversa instrumentación de percusión coma culleres, castañolas de peito, táboa de lavar, etc.

En definitiva, Os Monifates completan un espectáculo de animación versátil, en formato acústico. Non precisan equipo de son nen palco e están encamiñados a animar calqueira tipo de evento no que gusten de escoitar un pouco de música tradicional nun formato orixinal.

 


CONCERTO DIDÁCTICO-MUSICAL

Os Monifates ademáis das nosas actuacións, tamén temos un proxecto musical e didáctico.
O que se pretende é facer unha pequena viaxe pola instrumentación galega, para que os rapaces e rapazas se acheguen a boa parte da rica e variada instrumentación que aínda se conserva en galicia, falándolles das peculiaridades de cada un, de como se contrúen, como soan entre sí, facendo todo dunha maneira amena e divertida, utilizando tamén os nosos títeres danzantes.





NECESIDADES TÉCNICAS

As necesidaes técnicas para levar a cabo este espectáculo son poucas, debido a que a nosa actuación está pensada para ser realizada en formato acústico e non precisa equipo de son nen palco, poidéndose realizar tanto en exterior como en interior.
Só precisamos un espazo máis ou menos de 3´5 x 2´5m e que estea mínimamente chan, tendo así cabida en multitud de contextos, sendo un espectáculo ameno para tódolos públicos.

FOTOS




ACTUACIÓNS

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS


     12-3-2021. En Boiro (A Coruña)

 

ACTUACIÓNS 2020

 

11-3-2020. Concerto didáctico no IES Nº1 de Riveira  (A Coruña)

4-7-2020. No Festival Internacional de Zanfona celebrado no auditor

                       de Rianxo (A Coruña)

   26-7-2020. No Festival Tradfest en Santiago de Compostela (ACoruña)

·     29-8-2020. Festa Normanda en Foz (Lugo) 

 24-9-2020. Festival Internacional de Títeres de Redondela (Pontevedra) 

1 8-9-2020. Actuación en Noia por motivo de ser os gañadores 

                     do concurso de música tradicional "Interritmos, son do rural" 

   20-9-2020. En sober (Lugo) 

   9-10-2020. En Cangas do Morrazo (Pontevedra)

   31-10-2020. En Boiro (A Coruña) 

   18-12-2020. En Lugo

   23-12-2020. En O Rosal (Pontevedra) 

   27-12-2020. En Santiago de Compostela (ACoruña)


ACTUACIÓNS 2019


·      30-3-2019. No Festival de cine e música infantil

                    Souto Pequeño en Arcade

·      7-4-2019.   Feira do Ensino de Riveira.

·     11-5-2019. Feira de Artesanía de Vilalba

·      14-5-2019. Concerto didáctico no C.E.I.P.

                     Santa Baia de Boiro

·      16-5-2019. Concerto didáctico no C.E.P.

                    Salustiano Rey Eiras na Pobra do Caramiñal

·      22-5-2019. Concerto didáctico no C.E.I.P. de Olveira

·      21-6-2019. Concerto didáctico no C.E.I.P.

                    Heroinas de Sálvora en Aguiño  

·      13-7-2019. Encontro de embarcacións tradicionais en

                    A Guarda

·      21-7-2019. Festas de Taragoña

·      10-8-2019. Actuación en Melide

·      14-8-2019. Actuación no Rosal

·      14-9-2019. Festival o Son do Pazo en Mos

·     16-9-2019. Festas do Cando lle cadra en Corrubedo

·     28-9-2019. Actuación en A Mezquita

·      1-10-2019. Actuación en Redondela

·      6-10-2019. No domingo das mozas nas festas de San

                    Froilán 

·      20-12-2019. Actuación no C.E.I.P Frións Riveira

·     27-12-2019. Actuación en Vilalba

 

 

 

ACTUACIÓNS 2018


·      9-2 -2018. Concerto didáctido no C.I.F.P. Coroso

                 en Ribeira

·      8-2-2018.  Concerto didáctico en Miño

·     22-4-2018. Auditorio de Ribeira na Feira do Ensino

·     15-5-2018. Actuación no C.E.I.P. Escarabote en Boiro

·      18-5-2018. Concerto didáctico na Pobra do Caramiñal

·      27-5-2018. Na festa da Dona en Portas

·     8-7-2018.  Rapa das Bestas en Sabucedo

·      13-7-2018. Actuación en Marín

·      26-08-2018. Feira do Románico de Negreira.

·     17-11-2018. Magosto de Cambados

·      20-12-2018. Concertó didáctico no C.E.I.P. de Carreira

 



ACTUACIÓNS 2017

 

·      7-1-2017.  Festa tradicional na Pobra do Caramiñal

·      5 -2-2017.  Gala Solidaria a favor dos refuxiados
                  no Auditorio de Ribeira

·      8-4-2017.  Festa da Chuvia (Rianxo)  

·      30-4-2017.  Feira do Ensino  (Auditorio de Ribeira)  

·      12-5-2017. Concerto Didáctico para o Colexio A Barquiña      
                  en Noia

·      16-5-2017. Concerto Didáctico para o Colexio Santa Irene na    
                  casa de cultura de Porto do Son

·      23-5-2017. Concerto Didáctico para o I.E.S Leliadoura             
                  en Ribeira

·      10-6-2017. Día de Portugal en Ourense

·      17-6-2017. Feira do 18 en Cuntis 

·       18-6-2017. Encontros coa arte en Brión

·      22-6-2017. Sanxuandeirada en Ribeira

·      23-6-2017. Concerto Didáctico para o C.E.I.P.

                  Juan Rey en Lourenzá

·      9-7-2017. Feira mariñeira en Muros

·      22-7-2017. Actuación en Corcubión

·      25-7-2017. Actuación en Marín

·      20-8-2017. A Recoveira, con motivo da Feira Mariñeira 

                  en Ribeira

·      3-9-2017. Feira do Románico en Negreira

·      26-9-2017. Romería na Carballeira de Santa Minia

                  en Brión

  

 

 

ACTUACIÓNS 2016

 

·      5-2-2016. Expo Ourense, con motivo da Feira do xantar                             

·      6-2-2016. Entroido en A Guarda

·      1-5-2016. II Feira na Rúa en Fisterra

·      17-5-2016. Con motivo das Letras Galegas en Arzúa

·      23-5-2016. Concerto Didáctico no Colexio Público de Frións
                  Riveira

·      25-5-2016. Concerto Didáctico no Instituto Leliadoura en Ribeira

·      17-6-2016. Concerto Didáctico no Colexio público O Grupo 
                  en Riveira

·      21-6-2016. Concerto Didáctico no Colexio Santa Irene
                  en Porto do Son

·      10-7-2016. Feira de Olería en Buño

·      13-7-2016. Praza de Santa María en Lugo

·      13-7-2016. Titirinoia na praza do Curro en Noia

·      20-8-2016. IV Mostra de instrumentos de Música Tradicional,
                  dentro da XVII Festa Folc de Vilariño, 
                  O Hío, Cangas

·      4-11-2016. Concerto Didáctico no Colexio Eladia Mariño
                  en Cabanas

·      6-11-2016. Feira de Outono en Ponteareas

 

 

 

ACTUACIÓNS 2015

 

·      27-6-2015. Festas do Barrio de San Pedro Santiago de Compostela

·      4-7-2015. Festas de Boiro

·      4 e 5-7-2015. Feira Medieval de Salceda de Caselas

·      19-7-2015. Festa da Dorna en Ribeira

·      25 e 26-7-2015. Feira Medieval de Valdoviño

·      22-7-2015. A Recoveira, con motivo da Feira Mariñeira 

                  en Ribeira

·      5-9-2015. Feira Franca en Pontevedra

·      6-11-2015. Concerto Didáctico no C.E.I.P Unión Mugardos

·      20-11-2015. Concerto Didáctico no C.I.F.P. Coroso

                    en Ribeira  

·      4-12-2015. Concerto Didáctico no C.P.I A Cañiza

                  en Pontevedra  

·      20-12-2015. Feira exposición de Volvo Penta en Ribeira

 

 

 

 

       

·